Monday 06 de May de 2024

As Somozas xa goza da piscina na área recreativa do Carballo con servizo de cantina


• A instalación está aberta ao público de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas, e as solicitudes de abonos para a piscina deberán facerse no Concello en horario de 9:00 a 14:00 h

• Desde comezos de xullo xa está dispoñible tamén o servizo de cantina

O Concello das Somozas xa ten a súa piscina descuberta municipal para a tempada estival aberta ao público con servizo de cantina.

O horario de apertura ao público é de luns a domingo, de l4:30 h a 20:30 h. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 h. a 13:00 h e de l8:00 h a 21:00 h.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a l4:00h.

Servizo cantina

Xa está dispoñible tamén o servizo de cantina, anexo ás instalacións, que está a disposición dos usuarios das instalacións, no mesmo horario que a piscina.